Fomento de Iniciativas

Creando riqueza en grupo.

FOMENTO de INICIATIVAS nace no ano 1987 co obxectivo de desenvolver a actividade de Inspección Técnica de Vehículos, que é na actualidade a máis importante do Grupo. En 1995 iniciou a súa expansión internacional, despois de conseguir unha presenza importante en América Central e Sudamérica.

Este crecemento completouse coa creación de empresas noutros sectores, con implantación nacional e internacional. A sede central do grupo está situada en Galicia (noroeste de España), lugar estratéxico coñecido como a porta do Atlántico, onde se sitúan a maior parte dos seus investimentos. Actualmente o organigrama do Grupo FI reflicte un agrupamento das empresas por sectores de actividade en catro divisións: ITV, Inmobiliaria, Náutica e Ambiental.

Os principios nos que se basea o seu modelo de responsabilidade social corporativa son os valores de seriedade, transparencia e diálogo coas partes involucradas no noso quefacer: socios, empregados e outros axentes sociais.

Organigrama do Grupo FI

División
Medioambiental

SOGARISA

CONTECO

División
ITV

SyC

VTV NORTE

RITEVE

División
Inmobiliaria

ABECONSA

Aviso legal

Teléfono: + 981 911 800

Fax: + 981 911 801 / 802

Enrique Mariñas, 36-1º Edificio Torre Cristal

Polígono Matogrande

15009 A Coruña - España.